top of page

Musicoterapia

A musicoterapia aporta diversos beneficios para a saúde. Así pois, pode reducir a dor, aplacar a ansiedade e actuar como relaxante.

Realizaremos actividades grupais onde se empregará a música como estímulo para que os usuarios se entreteñan, socialicen e se relaxen. Tamén serve para estimular as habilidades cognitivas máis dererioradas: a memoria,  a atención, a concentración e a orientación espacio-temporal, así como para espertar emocións e impulsar a creatividade. No plano físico tamén se pode utilizar para mellorar e manter as funcións motoras, a través de exercicios de movemento e coordinación.

bottom of page