top of page

A Idea!

 

A idea xorde da necesidade de renovar a oferta de actividades extraescolares, culturais etc que existen nesta zona. Os nenos e adolescentes, e por descontado as familias, solicitan unha nova oferta acorde aos novos tempos e esixencias.

 

O noso fin é ofrecer un novo concepto de entretemento educativo. Neste momento son típicas as actividades de fútbol, baile, inglés e artes marciais, pero...por que non aplicamos a nosa creatividade e nos plantexamos propostas innovadoras? Hai moitas temáticas novedosas a ofrecer, así como novas metodoloxías que comezan a aparecer.

 

En canto aos maiores, queremos que estes se sintan activos, vivos. Consideramos que o envellecenemento non é sinónimo de sedentarismo, ao contrario, envellecer pode ser unha etapa chea de vitalidade si así o propoñen. Por iso, cremos que é unha oportunidade boa a realización de actividades recreativas xa que son moi productivas e recomendables para mellorar a calidade de vida.

 

bottom of page