top of page

Actividades alternativas

 

En Miraxe ofrecemos a posibilidade de levar a cabo unha ampla variedade de actividades extraescolares:

 

- Baloncesto:  contribúe ao desenvolvemento de valores personais e sociais de grande importancia no proceso formativo do neno e adolescente. Ademais de fomentar o traballo en equipo, compañeirismo e xenerosidade, axuda ao desenvolvemento da concentración, confianza e autocontrol.

 

- Ludoteca: onde se realizan diferentes actividades lúdico-educativas, sempre enfocadas cara o desenvolvemento da imaxinación e da creatividade (experimentos, manualidades, arte, repostería, artesanía, animación á lectura dende unha perspectiva crítica, etc)

 

- Informática:  pretendemos acercar a informática aos máis cativos dunha maneira divertida, sen olvidar que estamos ensinando. Ademais terán a oportunidade de crear o seu propio videoxogo!

 

Aportamos ademais tres novas alternativas que melloran a saúde física e emocional dos nenos e nenas: o yoga e relaxación, a musicoterapia e os deportes alternativos. Inclúense tamén actividades adaptadas para nenos e nenas con algunha discapacidade enfatizando a importancia da integración escolar e social destes nenos.

 

- Yoga: a través do yoga os nenos exercitan a súa respiración e aprenderán a relaxarse para facer fronte ás situación conflictivas e a falta de concentración, problemas presentes na sociedade actual.

 

 

- Musicoterapia:

A música exerce un efecto moi positivo sobre o sistema emocional, cognitivo e físico das persoas. As sesións están orientadas a potenciar a comunicación, a linguaxe, a expresión e creatividade a través da interacción musical.

 

- Deportes alternativos (tiro con arco, tiro do polo, ultimate, funball...):

Os deportes alternativos bríndannos o descubrimento de moitas posibilidades educativas, recreativas, de exercicio e diversión.

Nos colexios e concellos basean, dende fai xa moito tempo, os seus programas en deportes habituais, convencionais, celebrándose curso tras curso, chegando a ser rutinarios e incluso pouco motivadores. Por iso cremos que é necesario evolucionar e ensinar cousas novas, así como coñecer e practicar outros deportes que podan cumprir novos obxectivos educativos.

 

 

 

bottom of page